Tempo Meteorolóxico
O clima está directamente relacionado co tempo meteorolóxico. Se cambia o clima, a media das características climatolóxicas máis comúns dun sitio tamén o fará. Neste apartado explicaremos como actúan esos determinados factores climatolóxicos sobre saúde humana.
Temperatura
Este é un factor climático fundamental e as súas variacións extremas (frío ou calor intensas) producen importantes trastornos de saúde. O home é un animal de sangue quente que mantén unha temperatura constante entre 36,5-37ºC. Isto faino a través de diferentes mecanismos metabólicos, vasculares e cutáneos, que funcionan para almacenar ou perder calor segundo a temperatura ambiente. O frío intenso provoca unha vasoconstricción periférica intensa con aumento do metabolismo basal e producción de calor. A calor produce vasodilatación periférica, sudoración abundante, pérdida de auga e electrólitos a través da pel. En situacións moi extremas pode darse o chamado golpe de calor, que causa hipertermia, deshidratación, dor de cabeza e afectación do sistema nervioso central.
|
Ventos
Son importantes como vehículos do tempo metereolóxico, pois están íntimamente ligados ás borrascas e os anticiclóns. A súa influencia sobre a saúde deu lugar ao que se coñece como ‘ciclonopatía’, xa que, curiosamente a nivel local ou comarcal, determinados ventos producen alteracións físicas en moitos dos habitantes desas comarcas. Así en España, a tramontana en Catalunya, o cierzo en Aragón, o galego en Asturias, o sur en Cantabria, ou o levante en Andalucía poden producir sensibles alteracións como: irritabilidade, insomnio, angustia, fatiga ou palpitacións.
|
HumidadeÉ un factor climático íntimamente ligado á temperatura, e é a característica que máis diferencia o clima continental do oceánico. A humidade intensa dificulta entre outras cousas a sudoración e aumenta a eliminación de líquidos a través dos riles, o que fai que en ambientes naturalmente húmidos con frío ou con calor intensos, estes se toleren peor.
|