Introducción
O sistema climático mundial é parte integrante dos complexos procesos que manteñen a vida. O clima e o tempo sempre repercutiron moito na saúde e o benestar dos seres humanos, pero, ao igual que outros grandes sistemas naturais, o climático está empezando a sufrir a presión das actividades humanas. O cambio climático global representa un novo reto para as actuais iniciativas encamiñadas a protexer a saúde humana.
¿Qué repercusións ten o cambio climático na saúde?
Aínda que o quencemento global pode ter algúns efectos beneficiosos, como unha menor mortalidade en inverno nas rexións de clima temperado e un aumento da produción de alimentos en determinadas zonas, os efectos globais para a saúde do cambio climático serán probablemente moi negativos. O cambio climático inflúe nos requisitos básicos da saúde: un aire limpo, auga potable, alimentos suficientes e unha vivenda segura.
¿Quen está en risco?
Todas as poboacións veranse afectadas polo cambio climático, pero algunhas son máis vulnerabeis que outras. Os habitantes dos pequenos estados insulares en desenvolvemento e de outras rexións costeiras, megalópolis e rexións montañosas e polares son especialmente vulnerabeis.
Os nenos, en particular os dos países pobres, son unha desas poboacións máis vulnerabeis aos riscos sanitarios resultantes e veranse expostos por máis tempo ás consecuencias sanitarias. Prevese, asi mismo, que os efectos na saúde serán máis graves nas persoas maiores e nas persoas con diversos achaques ou doenzas preexistentes.
As zonas con infraestructuras sanitarias deficentes, a maioría en países en deenvolvemento, son as que terán máis dificultades para prepararse e responder se non reciben asistencia.